O Co-Lab é o laboratorio cidadán da Coruña. Un espazo aberto no que persoas e colectivos de toda a cidade, con distintas capacidades, visións e coñecementos, deseñan e desenvolven xuntas accións para a mellora da súa contorna
Novas
Oasis Monte Alto: a continuidade dun soño.
O Co-Lab comezou a conformarse durante o ano 2016 coa misión de mellorar a vida da veciñanza da Coruña e acadar unha cidadanía máis igualitaria e participativa. De construír un Laboratorio Cidadán ao servizo das persoas, que son as protagonistas dun espazo no que son elas as que producen propostas e coñecemento dun xeito colaborativo […] Ler Máis
A cidadanía define os seguintes pasos do Co-Lab
O pasado 24 de marzo tivo lugar no Centro Cívico da Cidade Vella un encontro da comunidade do Co-Lab no que participaron 50 personas entre as que se atoparon representantes dos proxectos desenvolvidos durante o ano 2017, ademais doutras interesadas na continuidade do laboratorio cidadán da Coruña (activistas sociais, membros de ONG, universidade, etc). Baixo […] Ler Máis
Presentación Manual para o Traballo en Colectivo
O xoves 25 de xaneiro ás 18:00h preséntase na sede de Ecos do Sur o Manual para o Traballo en Colectivo. Imaxinar para Transformar. Esta presentación aberta terá lugar na rúa Aaiun nº2 baixo, na Coruña. O Manual, elaborado no marco do Co-Lab, nace do intercambio e do cruce de saberes da comunidade de aprendizaxe […] Ler Máis

A FORXA
Concibido como un proxecto de código aberto, transparente e documentado, a Forxa de Co-Lab é un repositorio transmedia aberto e de libre uso que incorporará toda a documentación producida durante o proceso de construción colectiva do laboratorio.
Así, tanto o informe final do proxecto como o propio proxecto adoitarán a forma dun repositorio documental que herdará as propiedades específicas dun proxecto de código aberto: posibilidade de contribucións, clonado, etc. A licencia permitirá a súa reutilización sen restriccións (agás o beneficio económico) mantendo a mesma licencia de uso.
Accede o Manual de uso.