Antonio Lafuente

colab_obradoiro_antonio_lafuente ANTONIO LAFUENTE é investigador Científico no Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CSIC) na área de estudos da ciencia. Traballou na expansión colonial da ciencia e na relación da ciencia cos seus públicos e co coñecemento profano. Máis recentemente investiga a relación entre tecnoloxía e procomún, así como os nexos entre novos e vellos patrimonios. O interese polos bens comúns conduciulle ao estudo dos problemas que expón a expansión dos dereitos de propiedade intelectual en ciencia, como tamén á análise das implicacións que teñen os conceptos de ciencia aberta, democracia técnica, economía da contribución, laboratorios cidadáns, innovación frugal e cosmopolíticas. É editor dos blogs Tecnociudadanos e Aprendizaxes comúns. Actualmente coordina o proxecto La Aventura de Aprender, unha colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, TVE e Medialab-Prado. Os seus últimos libros son El carnaval de la tecnociencia (2007), Las dos orillas de la ciencia (2012) e ¡Todos sabios! (2013). Outros escritos poden atoparse no repositorio institucional Dixital.CSIC e en Academia.edu.

Atópao en: La Aventura de aprender | Academia edu | Laboratorio del Procomún (MediaLab-Prado) | Twitter