Aviso legal

TITULARIDADE DO SITIO WEB

En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio: http://colab.coruna.gal

Titular: Concellaría deParticipación e Innovación Democrática do Excmo. Concello da Coruña

Domicilio social: Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña. Galicia. España. Unión Europea.

Teléfono: (+34) 981 18 42 00| 010

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN

1. CONDICIÓNS E LIMITACIÓNS DE USO

O CONCELLO DA CORUÑA resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a eles, xa sexa temporal ou definitivamente, sen notificación previa.

A utilización da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en diante o usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste aviso legal no momento mesmo en que o usuario acceda á páxina web.

O usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente aviso legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

Para ese efecto, o usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.

2. LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A responsabilidade da utilización da información contida na páxina web é do usuario. Non se garantiza ningún dereito de propiedade intelectual sobre o material que os usuarios achegan á FORXA. O perfil e materiais enviados polos usuarios son a súa estricta e única responsabilidade. Permite qu os contidos achegados sexan visibles publicamente, e ademáis concorda en que os seus repositorios poidan ser copiados e reutilizados dentro da FORXA.

Dispoñibilidade dos servizos

O CONCELLO DA CORUÑA non garante que as súas páxinas estean operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. O CONCELLO DA CORUÑA resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen aviso previo, os contidos deste sitio web e as condicións xerais de acceso.

No caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o CONCELLO DA CORUÑA ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de aviso previo o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios lle puidesen atribuír ao presente sitio web.

Contidos non xestionados directamente por este sitio web

O CONCELLO DA CORUÑA rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos dos enlaces publicados na súa páxina web.

A páxina corporativa ofrece enlaces a outros sitios web que poden resultar do seu interese. Aínda que o CONCELLO DA CORUÑA trata de asegurar que os sitios web de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente neles.

O CONCELLO DA CORUÑA non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios web non xestionados por esta Administración. No entanto, esta administración encádrase dentro do apartado 1a) do artigo 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), xa que esta Administración respecto de enlaces facilitados na web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización.

O CONCELLO DA CORUÑA queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da captación e uso por parte de terceiros das informacións e opinións facilitadas polos usuarios á páxina web.

O CONCELLO DA CORUÑA non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo CONCELLO DA CORUÑA.

Exención de responsabilidade sobre o uso indebido de métodos de autenticación

O CONCELLO DA CORUÑA non se fai responsable do uso indebido do login e password ou calquera outro método de autenticación utilizado -certificado dixital etc- dos usuarios para o acceso aos contidos e servizos que os requiran e que se ofrezan na páxina web, nin das consecuencias de calquera natureza derivadas do mal uso por parte dos usuarios, a perda ou o esquecemento do login e password ou calquera outro método de autenticación, nin do seu uso indebido por terceiros non autorizados.