Enrique Saavedra

enrique_webENRIQUE SAAVEDRA é graduado en Deseño de Produto pola Universidade da Coruña na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) no ano 2005. Mesmo antes de completar os seus estudos como enxeñeiro, traballou en The Other Stone Studios, realizando traballos a metade de camiño entre a industria e a arte. No 2006 comezou como emprendedor un proxecto no campo do deseño industrial coa compañía Equona Design, onde desenvolveu produtos realizados en rotomoldeo como a barreira Kompact Wall para Rotogal. En novembro do 2007 comeza a traballar para o grupo Amil Lago como deseñador industrial encargado de proxectos comerciais internacionais. Neste período traballa para marcas como o grupo Inditex, Massimo Dutti, Women´ Secret, MoviStar ou Cortefiel.En outubro do 2012 decide abordar novos proxectos e principia unha nova aventura como freelance en Londres traballando para marcas internacionais como Dixons, Shell, Sainsburys ou Tesco no desenvolvemento de producto.
No 2011 xunto a Marcos Saavedra, realiza o proxecto Vermis, finalista do Fujitsu Design Award 2011 e que sería o inicio da fundación do estudio Vermis Project en septembro de 2013, do cal é director da delegación inglesa. Desde Vermis Project están a levar a cabo proxectos moi diversos onde o factor común é o alto grado de innovación social, educativa e de producto, así como a de creatividade. Algúns deles son Designthinking.gal, VermisLAB ou a organización da 1ª Maker Faire da Historia de Galicia que hoxe xa é unha referencia a nivel nacional.
Participa de forma activa en charlas ou mentoring como nas TEDx Galicia donde divulgou xunto a Marcos Saavedra a importancia do Movemento Maker ou no Startup Weekend axudando a emprendedores cos seus proxectos.

Atópao en: Designthinking | vermislab | vermisproject | Twitter |
LinkedIn