Para a posta en marcha do Co-Lab entendeuse imprescindible realizar un mapeado e investigación previa co obxectivo principal de recoller información, experiencias e críticas que axudaran a construír o Obradoido de definición e o propio Co-Lab. Para elo, fíxose un primeiro mapeado do reto que temos por diante e dos axentes locais que entendíamos deberían estar involucrados. A partir deste mapeado, realizáronse unha serie de entrevistas a axentes locais de cinco grandes áreas temáticas (sector público e gobernanza, fundacións e asociacionismo, ámbito tecnolóxico, sector creativo e mundo académico). Complementariamente, entrevistouse a algunhas persoas vencelladas a diferentes proxectos do Estado que podían aportar a súa experiencia e coñecementos. Neste espazo resúmese unha a unha toda a información extraida das entrevistas, abrindo así ese toda esa información e coa intención última de que serva non só para o Obradoiro do 24 e do 25 de Novembro senón tamén para o futuro do Co-Lab.