Entrevista grupal a Iago Carro, Ania González e Horacio González

Iago Carro, Ania González e Horacio González  analizaron co equipo impulsor do Co-Lab catro liñas principais de discurso. En primeiro lugar, falaron da definición do Laboratorio Cidadán, o cal se entende que debería ser un espazo de posibilidade cuxo obxectivo será o de vincular a investigación, produción de ideas, traballos ou obras de arte con […]

Iago Carro, Ania González e Horacio González  analizaron co equipo impulsor do Co-Lab catro liñas principais de discurso. En primeiro lugar, falaron da definición do Laboratorio Cidadán, o cal se entende que debería ser un espazo de posibilidade cuxo obxectivo será o de vincular a investigación, produción de ideas, traballos ou obras de arte con proxectos específicos que teñan un impacto ou incidencia real na comunidade.

Despois, abordararon a cuestión da problemática que presenta un laboratorio destas características. Neste punto, falouse da preocupación sobre a autonomía e independencia do Laboratorio, a súa relación futura coa institución pública e o significado sobre a súa construción etimolóxica. O conflito entre emprendemento tecnolóxico e a construción dos comúns, tamén estivo presente.

A continuación, no referente aos bloques temáticos (innovación cidadá, innovación educativa, coñecemento aberto e cultura dixital), houbo consenso entre os entrevistados sobre a súa amplitude para acoller calquera tipo de proxectos, aínda que se botou en falta a incorporación das políticas dos afectos e do corpo.

Como conclusión, no referente ás temáticas transversais do laboratorio, quedou palpable a súa importancia e necesidade de ser tratadas durante o obradoiro, aínda que o realmente imprescindible é que o proxecto bote a andar do xeito máis efectivo posible.