Joan Subirats

Joan Subirats é Dr. en Ciencias Económicas, catedrático de Ciencia Política e investigador e responsable do Programa de Doutoramento do Instituto de Goberno e Políticas Públicas da Universitat Autónoma de Barcelona. É especialista en temas de governanza, xestión pública e na análise de políticas públicas e exclusión social, así como en problemas de innovación democrática e sociedade civil, temas nos que ten publicados numerosos libros e artigos. Colabora habitualmente en varios medios de comunicación. Os seus últimos libros como autor, coautor, editor ou coeditor son: Análisis y gestión de políticas públicas, Ariel, Barcelona, 2008; Otra sociedad ¿Otra política?, Icaria, 2011; Repensar las políticas urbanas, Diputació de Barcelona, 2012

Joan Subirats imaxina os Laboratorios de Innovación Cidadá como espazos onde explorar ideas, contrastalas, mesmo probalas, buscar información sobre sitios que pasaron cousas similares. Sinala a importancia de que exista unha mestura de expertos en cada campo, de cidadáns preocupados por ese tema, de responsables políticos que poidan estar tamén vinculados aos temas que se expoñen. É nesta mestura de coñecementos de disciplinas, de roles, onde está a forza de atopar o que diriamos unha dinámica de coprodución, de produción compartida.

Pon de manifesto que os retos que poden aparecer pondo en marcha esta iniciativa desde os municipios é a inercia ao considerar que os camiños xa están previstos e por tanto que rompa a dinámica da experimentación. Apunta que crea resistencia por parte do xa existente de que isto ameaza ou é un perigo para o que xa funciona. Considera importante que haxa unha vontade de experimentar e aprender.

En canto aos temas dentro do Laboratorio a súa opinión é que se debería incorporar os grandes debates que as cidades teñen expostas, así como temas urxentes que lonxe de resolverse pódense expor e discutir. Destaca ademais os temas de Innovación educativa, coñecemento aberto, cultura dixital e engade o do envellecemento vencellado a sanidade e servizos sociais.

Apunta que a institucionalización física non lle parece necesaria. Fala de crear unha plataforma cun sitio no cal haxa os referentes e que as cousas funcionen noutras partes.