José Ramón Insa

Técnico de Zaragoza Activa, responsable del #ThinkZAC y trabajador de #ciudadnexo. Su visión es la de integrar las ciudadanías para construir la ciudad deseada, la compejidad como sistema, la #ciudadlateral; concebir prototipos para reconstruir la innovación ciudadana desde ópticas alternativas y el pensamiento divergente, la #ciudadinclusiva; y establecer el desarrollo humano como denominador común para generar modelos que evitan la exclusión social, la #ciudadprocomún.

José Ramón Insa fálanos dos Laboratorios de Innovación Cidadá como Organizacións/espazos efervescentes.

Os Laboratorios de Innovación Cidadá constitúense como espazos para a práctica comunitaria. Como comunidade xeran as súas propias ferramentas. Funcionan como un rizoma que permite que esa intelixencia cidadá poida evolucionar e contaminar, inocular e pervertir as lóxicas da norma sen necesidade de protocolos: A ética transware. Convértese o proceso en práctica inductiva. A xeración de coñecemento desde o común para o común. Un espazo público intelectual para a distribución aberta do coñecemento comunitario.

Actúan como un catalizador e son espazos conectoma: dinámicos, nómades, abertos, sustentados sobre a simbiose e os territorios de contaxio, desxerarquizados e heterárquicos. Búscase que o desenvolvemento cidadán non quede exclusivamente nas mans dos “expertos”, senón que debe existir unha polinización cruzada que permita a loxística do coñecemento.

A sustentabilidade dos Laboratorios de Innovación cidadá non necesita novas fórmulas, senón novas actitudes: revisar a organización interna das institucións municipais, os seus compromisos e os seus formatos. A xestión compartida máis que a xestión derivada. A internalización de enerxías máis que a externalización de tarefas.

O paraugas xeral é a innovación cidadá e a partir daí xorden os diferentes ámbitos de desenvolvemento.

O mellor punto de partida para comezar a crear un Laboratorio de Innovación cidadá é saír e escoitar.