Marta Casal

A nosa entrevistada Marta Casal, de Arquitectura sen Fronteiras, define o Laboratorio Cidadán como “un lugar físico, pero non só, onde poidan xuntarse persoas ou colectivos que habitualmente non traballan xuntos”. Para a súa posta en funcionamento, considera fundamental que exista un equipo motor inicialmente, profesional, “que estea a iso”. O importante é que se […]

A nosa entrevistada Marta Casal, de Arquitectura sen Fronteiras, define o Laboratorio Cidadán como “un lugar físico, pero non só, onde poidan xuntarse persoas ou colectivos que habitualmente non traballan xuntos”.

Para a súa posta en funcionamento, considera fundamental que exista un equipo motor inicialmente, profesional, “que estea a iso”. O importante é que se dea un equilibrio entre a participación e a sostibilidade, pero conscientes de que estamos nunha fase experimental.

En canto aos principais riscos comenta que “hai que pasar dunha lóxica de competencia, de estar illados, a unha lóxica na que se comparte”. Por outra banda, ve imprescindible que haxa unha aposta institucional firme do proxecto. Ademais de ter en conta a precariedade das persoas, organizacións e colectivos.

No referente ás liñas temáticas, non hai que esquecerse da desigualdade social actual. Nas palabras de Marta, ¨ás veces os laboratorios poden converterse en espazos moi elitistas e distanciados das necesidades sociais reais”. Nesta liña, considera importante que sexa sostible e ve oportuno elaborar un prototipo de proposta de gobernanza revisable cada 6 meses. É preciso dispor dun espazo propio.

Como conclusión e aportación persoal no Co-Lab, centrouse na parte humanística e de aprendizaxe compartida. Así, considera moi importante tratar os temas do dereito ao hábitat e a interconexión dos grupos que traballan no social, no cultural e no político”.