Raúl Oliván

Aos mandos en Zaragoza Activa, un ecosistema de empresas, persoas e proxectos públicos que fomenta o emprendimiento e a innovación social, desde unha lóxica colaborativa. Foi o responsable de deseñar o plan de impulso desde cero en 2008 e lanzárono en 2009 na Azucreira do arrabalde, unha fábrica de 4000m2. Até agora impulsaron máis de 400 iniciativas empresariais, máis de 2000 actividades, unha rede (ZAC) de máis de 8.000 membros, conseguindo un SROI (Retorno social do investimento) que multiplica por 3 o diñeiro que investiu o Concello de Zaragoza.

Crear comunidade, mapear actores, estudar modelos, elixir un itinerario propio adaptado á contorna local. Ir crecendo de forma gradual, fuxir dos macroeventos, empezar por retos sociais que teñan unha dimensión alcanzable… así é como enfoca a súa idea de Laboratorio cidadán Raúl Oliván, que desde Zaragoza activa transmite o seu punto de vista, deixando moi patente a perspectiva educativa como epicentro do catro alicerces fundamentais sobre os que se debería soster un laboratorio destas características, co auspicio da Concellaría de Participación cidadá. O experto sinala: a innovación educativa, a innovación cidadá, o coñecemento aberto e a cultura e o prototipado dixital como puntos de partida a un proceso aberto que ofreza respostas posibles aínda que non definitivas xa que nos atopamos -segundo Oliván- ante “unha estrutura necesariamente líquida” á que “non lle daría unha figura xurídica compacta, pois inevitablemente o laboratorio vai ter que ir mutando durante os próximos anos”.