Cousateca

portada_cousateca

A Cousateca é unha biblioteca aberta de cousas de todo tipo, onde a veciñanza pode compartir as súas, de xeito libre e aberto, organizándose a través dunha ferramenta en Internet.

Cousateca é unha biblioteca de cousas; sen embargo isto implica moito máis: acreditar o valor de uso das cousas fronte ao seu valor de cambio. Se ben é o mercado capitalista agárrase ao valor de cambio da mercadoría como ben acumulativo, o valor de uso, xa dende Marx, ten que ver con aquelo que pragmaticamente nos aporta a cousa alén da súa aura e cotización no Mercado.

Cousateca é unha biblioteca de cousas; sen embargo tamén é moito máis. Ou isto implica moito máis: acreditar o valor de uso das cousas (dos bens en principio, pero tamén dos servicios probablemente) fronte ao seu valor de cambio. Se ben é o mercado capitalista agárrase ao valor de cambio da mercadoría como ben acumulativo, o valor de uso, xa dende Marx, ten que ver con aquelo que pragmáticamente nos aporta a cousa alén da súa aura e cotización no Mercado.

O concepto de valor de uso está amplamente avalado pola Lóxica dos comúns (commons) que atopamos en sociedades tradicionais (os procomúns de comunidades de bosques e pescadores, entre outras) mais tamén pola lóxica das licenzas libres no ámbito da Cultura e o Software Libre. Efectivamente, licenzas como os Creative Commons responden a esta lóxica e permiten abrir os recursos a relacións máis amplas, alén da dicotomía da propiedade/non-propiedade, crea vencellos con outras obras, os derivados e outras atribucións, especifica toda unha serie de grados co-creativos e intensidades de recoñecemento que non está na simple adquisición dun ben no Mercado.

Entra na Cousateca en: cousateca.info

Máis información: blog.cousateca.info

Noticias de la Cousateca

REGALAR,​ ​ PRESTAR, INTERCAMBIAR

28 septiembre, 2017

Cousateca​​ ​ é ​ ​ unha​ ​ plataforma​ ​ que​ ​ pretende​ ​ afondar ​ nas​ ​ posibilidades​​ ​ e ​ ​ potencialidades habidas​ ​ na​ ​ “ ​ compartividade​ “.​ ​ Como​ ​ plataforma,​ ​ orixina​ ​ un​ ​ espazo​ ​ de​ ​ promoción​ ​ de​ ​ anuncios ou​ ​ ofertas​ ​ de​ ​ […]