Gabinete de Imaxinación Político

portada_gabinete

O Gabinete de Imaxinación Político é un lugar de encontro entre artistas, activistas e a propia universidade para crear en común ferramentas e dispositivos cos que dotármonos dunha maior autonomía política.

A través do Gabinete atenderemos a prácticas artísticas colaborativas, a relación entre arte e comunidade, ás novas formas de activismo mediante a internet, así como as ferramentas que proveñen do eido da facilitación de grupos. Con esta mistura búscase tecer un lugar de encontro participativo e aberto no que co-crear ferramentas e aprendizaxes coas que a cidadanía sexamos quen de posibilitar proxectos, tanto asociativos como cooperativos, máis autónomos, imaxinativos e resilientes.

Como poñen de manifesto investigacións e praxes sobre os comúns, cada vez son menos os espazos de socialización que temos. É urxente, por tanto, poñernos a pensar e construír novos espazos nos que poder imaxinar outros escenarios que faciliten outros modos de facer e ensanchar a democracia.

Co Gabinete de Imaxinación Política apelamos a cuestións como: ten un potencial transformador a hibridación entre eidos da facilitación e artísticos? É posible desde a imaxinación construír colectivos máis autónomos? Ou mellorar a calidade democrática é ampliar a autonomía das comunidades?

Máis información gabinetedeimaxinacion.tumblr.com

Novas do Gabinete de Imaxinación Política

Presentación Manual

Presentación Manual para o Traballo en Colectivo

25 Xaneiro, 2018

O xoves 25 de xaneiro ás 18:00h preséntase na sede de Ecos do Sur o Manual para o Traballo en Colectivo. Imaxinar para Transformar. Esta presentación aberta terá lugar na rúa Aaiun nº2 baixo​,​ na Coruña. O Manual, elaborado no marco do Co-Lab, nace do intercambio e do cruce de saberes da comunidade de aprendizaxe […]

Jaron Rowan

Institucións excéntricas e saberes raros. Conversa con Jaron Rowan o 17 de novembro

16 Novembro, 2017

O Gabinete de Imaxinación Política procura recuperar á imaxinación como unha das nosas formas de traspasar as desigualdades contemporáneas, ou canto menos pensar en como facelo. A través do Gabinete estase tecenndo unha comunidade de aprendizaxe, coas que co-facer un proceso co que procuramos ver como os colectivos ou grupos sociais poden gañar en autonomía […]

Convocatoria aberta a imaxinadoras/es para o Gabinete de Imaxinación Política

14 Setembro, 2017

Convocatoria aberta a colaboradoras/es para participar na co-creación dun Gabinete de Imaxinación Política O Gabinete é un espazo híbrido no que, a través da combinación de arte e tecnoloxías sociais, os colectivos, entidades, cooperativas e grupos informais se doten de recursos para acadar maiores cotas de autonomía, capacidade creativa e resiliencia. Obtivo o apoio do […]