Convocatoria aberta a imaxinadoras/es para o Gabinete de Imaxinación Política

Convocatoria aberta a colaboradoras/es para participar na co-creación dun Gabinete de Imaxinación Política

O Gabinete é un espazo híbrido no que, a través da combinación de arte e tecnoloxías sociais, os colectivos, entidades, cooperativas e grupos informais se doten de recursos para acadar maiores cotas de autonomía, capacidade creativa e resiliencia.

Obtivo o apoio do CoLab da Coruña e desenvolverase ao longo do 2017.

Prazo aberto ata o 20 de setembro

A través desta Convocatoria seleccionaremos a 5 imaxinadoras/os coas que crear unha comunidadee de aprendizaxe e co-crear xuntas o Gabinete de imaxinación Política.

Obxectivos do Gabiente de imaxinación Política

  • Crear unha comunidade de aprendizaxe en torno á potencia na hibridación da facilitación e a arte contemporánea.
  • Crear un espazo no que misturar saberes que impulsen unha mellora na autonomía dos grupos/colectivos.
  • Dotar de ferramentas grupais a colectivos sociais.

Qué é o Gabinete de imaxinación Política

A través deste Gabinete, apelamos a crear en común ferramentas e dispositivos cos que dotármonos dunha maior autonomía política. Por este motivo, combínanse ferramentas derivadas da facilitación e xestión de grupos con dispositivos que veñen do mundo da arte e da creación contemporánea.

A interdisciplinariedade e o impulso de comunidades de aprendizaxe serán dous dos eixos de acción do Gabinete de Imaxinación Política que nace como un desexo, como un soño, como a manifestación da necesidade de abrir espazos de encontro nos que poder compartir en común desexos e diversas praxes na construción de novas relacións sociais máis horizontais.

A través do Gabinete atenderemos a prácticas artísticas colaborativas, a relación entre arte e comunidade, ás novas formas de activismo mediante a internet, así como as ferramentas que proveñen do eido da facilitación de grupos. Con esta mistura búscase tecer un lugar de encontro participativo e aberto no que co-crear ferramentas e aprendizaxes coas que a cidadanía sexamos quen de posibilitar proxectos, tanto asociativos como cooperativos, máis autónomos, imaxinativos e resilientes.

Como poñen de manifesto investigacións e praxes sobre os comúns, cada vez son menos os espazos de socialización que temos. É urxente, por tanto, poñernos a pensar e construír novos espazos nos que poder imaxinar outros escenarios que faciliten outros modos de facer e ensanchar a democracia. Co Gabinete de Imaxinación Política apelamos a cuestións como: ten un potencial transformador a hibridación entre eidos da facilitación e artísticos? É posible desde a imaxinación construír colectivos máis autónomos? Ou mellorar a calidade democrática é ampliar a autonomía das comunidades?

Actividade previstas

Ao longo deste 2017 sucederanse obradoiros, realizaranse exercicios de mediación con diversos colectivos, e finalizarase coa edición dun manual de activación de colectivos. As imaxinadoras que participen nesta comunidade de aprendizaxe poderán acompañar e co-diseñar as accións que engloba o Gabinete de imaxinación Política, a adicación non superaría a de dúas horas cada quince días.

Perfil das persoas imaxinadoras

A través desta convocatoria queremos buscar colaboradoras/es coas que desenvolver o Gabinete, trátase dun espazo aberto á imaxinación, polo que se procuran perfís creativos e orientados á innovación social e con interese nas cuestións de incidencia social. Procuramos artistas, psicólogos/as, antropólogos/as, activistas e calquer persoa interesada na aposta pola imaxinación como forma de facer comunidade.

Inscripcións

Todas aquelas persoas interesadas en participar no Gabinete de Imaxinación Política deben enviar un email a colab@coruna.gal inidcando no asunto: Gabinete de Imaxinación

No email deben adxuntar unha breve bio (non máis de 50 palabras) e unha pequena carta de moivación (non máis de 200 palabras)

Comité de selección

A selección de imaxinadoras/es será levada a cabo polo coordinador do Gabinete Fran Quiroga, a experta en facilitación grupal, Andrea Rico e Antía Perez Carames e Belen Fernández, investigadoras do grupo ESOMI da UDC. Na selección atenderase ao carácter innovador e creativo, asi como procurar un grupo con perfís transdiciplinares.

A selección de personas participantes farase pública o 22 de setembro na https://gabinetedeimaxinacion.tumblr.com/ e se lle enviará un email a todas as persoas que enviasen a súa candidatura

Se tes dubidas, podes enviar un email a colab@coruna.es, e tes máis información en https://gabinetedeimaxinacion.tumblr.com/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *