Institucións excéntricas e saberes raros. Conversa con Jaron Rowan o 17 de novembro

Jaron Rowan

O Gabinete de Imaxinación Política procura recuperar á imaxinación como unha das nosas formas de traspasar as desigualdades contemporáneas, ou canto menos pensar en como facelo. A través do Gabinete estase tecenndo unha comunidade de aprendizaxe, coas que co-facer un proceso co que procuramos ver como os colectivos ou grupos sociais poden gañar en autonomía nos seus procesos colectivos.

O seguinte chanzo neste camiño son as Conversas para Imaxinar, e para comezar teremos a compañía de Jaron Rowan, coordinador da Unidad de Investigación e Doutoramento da BAU, Centro Universitario de Diseño en Barcelona, que ten escritos os libros Cultura libre de Estado, ou Emprendizajes en Cultura. Con esta Conversa chamada Institucións excéntricas e saberes raros, preténdese atender ás novas materializacións de espazos de producción de coñecemento, dos cruces raros ou das diferentes metodoloxías coas que podemos achegarnos aos obxectos de estudo. Repensar e imaxinar outras formas de investigar é unha forma de xerar espazos autonómos de coñecemento, por que tal como sinala o investigador “é importante prestar atención e coidar os espazos, físicos ou virtuais, nos que a cidadanía pode crear, remezclar, compartir e diseñar os seus propios imaxinarios”

A conversa terá lugar na Fundación Luis Seoane o venres 17 de novembro ás 17h. e de entrada libre e aberta a todas as persoas interesadas en pensar outras formas de investigar e facer cultura.

A seguinte Conversa para Imaxinar terá lugar no mesmo espazo, o venres 1 de decembro e contaremos coa presenza de Mafe Moscoso, coa que falaremos de Decolonizar a memoria: cos paxaros ou co recordo dos seus paxaros, todos migran.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *