Presentación Manual para o Traballo en Colectivo

Presentación Manual

O xoves 25 de xaneiro ás 18:00h preséntase na sede de Ecos do Sur o Manual para o Traballo en Colectivo. Imaxinar para Transformar. Esta presentación aberta terá lugar na rúa Aaiun nº2 baixo​,​ na Coruña.

O Manual, elaborado no marco do Co-Lab, nace do intercambio e do cruce de saberes da comunidade de aprendizaxe na que se constituíu o Gabinete de Imaxinación Política. A nosa vontade é contribuír a estender a cultura da participación e dos coidados dentro dos colectivos, compartir recursos e metodoloxías para poder, como grupos humanos, imaxinar outros mundos posibles, necesarios, máis xustos e acolledores.

O Manual parte dunha pequena autoavaliación dos elementos e prácticas que se dan nos grupo e que servir como reflexión de de partida. A continuación, baixo o epígrafe PROCESOS GRUPAIS. Ideas e ferramentas para coidar o grupo, colocamos algunhas cuestións, extraídas de teorías diversas en torno ao estudo dos grupos humanos, que nos parece importante ter en conta para entender a súa complexidade e poder acompañalos e reforzalos. No punto ARTE E ACTIVISMO. Prácticas artísticas ao servizo do colectivo recollemos algúns exemplos de experiencias e colectivos que incorporan a dimensión artística como parte das dinámicas grupais e comunitarias. Por último, no capítulo PRÁCTICAS DESDE O SUR. Aprendendo doutras experiencias, achegámonos a outras realidades, neste caso á da comunidade zapatista, como convite e recoñecemento da importancia de ampliar o noso foco, de ollar cara outras maneiras de facer, inspirándonos e aprendendo das praxes doutros contextos xeográficos, culturais e/ou sociopolíticos.

O Manual editase baixo licencias creative commons e poderase descargar de balde a partir dese mesmo xoves​ na web do GabineteO traballo foi escrito a varias mans, entre elas Andrea Rico de Rexenerando Coop, Fran Quiroga e Daniel Palleiro, do deseño encargouse Nadina Bértolo, e contou coa asistencia do resto dos membros do Gabinete de Imaxinación Política.

+ info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *