Juan Freire

juan_web JUAN FREIRE foi profesor universitario, líder dun grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesqueiras e Decano dunha Facultade de Ciencias da UDC. En 2011 abandonou a universidade para ser o Director de Innovación do grupo Barrabés e socio fundador de Barrabés Next, especializada en transformación de organizacións e innovación. En 2013 co-funda mmodulUS, empresa dedicada ao deseño de mobiliario de código aberto da que foi socio até 2015. En 2012 co-funda Teamlabs, empresa dedicada á creación de laboratorios e experiencias de aprendizaxe que fai parte da rede internacional de educación emprendedora Mondragon Team Academy. Na actualidade, participa activamente no desenvolvemento de tres proxectos empresariais. En 2015 puxo en marcha inViable, axencia científico-creativa que desenvolve o Enfoque de Ciclo de Vida (Life Cycle Thinking) coas linguaxes do deseño e da tecnoloxía. En 2016 iniciou un novo proxecto educativo, XTribe, que traballa cunha rede de universidades, empresas e organizacións cívicas para transformar a aprendizaxe globalmente a través do emprendemiento e da tecnoloxía. Por último, forma parte do equipo fundador de EduCaaS, unha plataforma deseñada para procesos colectivos de aprendizaxe e creación dixital. Desde 2013 é asesor en diferentes proxectos da European Cultural Foundation e desde 2015 forma parte do Venture Board de Ashoka España.

Atópao en: Web | Twitter | Facebook | LinkedIn