Nagore de los Ríos

nagore_webExperta en Comunicación, Goberno e Datos Abertos, prestou apoio a moitísimas institucións para acompañalas nas súas políticas Open. Sempre tendo como obxectivo involucrar a cidadanía, os emprendedores, as empresas, os clientes e os consumidores, os xornalistas e a sociedade civil e o resto de organizacións.
A súa experiencia ao fundar a primeira plataforma de Goberno Aberto de fala hispana (Irekia), a súa traxectoria como consultora senior do World Bank, o seu percorrido como emprendedora e o seu pasado como xornalista dotárona de ferramentas, metodoloxías e coñecementos que agora aplica axudando a outros a conseguir os seus obxectivos para comunicar dunha forma aberta e diferente.

Encóntra en: web | Twitter | LinkedIn