Encontro Aberto para definir a continuidade do Co-Lab

A actividade se celebrará o sábado 8 de setembro ás 11:00 horas no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) da rúa Matadoiro

É un encontro aberto a todas as persoas interesadas en participar, colaborar ou propoñer accións para a seguinte fase do Co-Lab, que será convocada nos próximos meses

O sábado 8 de setembro ás 11:00 horas no EIX terá lugar un Encontro Aberto para a definición colectiva dos retos e temas para os proxectos do Co-Lab na súa próxima edición (2018/2019).

Este encontro está organizado pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática co obxectivo de definir as liñas de traballo que se traballarán no marco do Co-Lab a partir da seguinte convocatoria de proxectos, que estará a publicarse nos meses vindeiros. Os temas propostos e abordados durante este encontro servirán de guía á hora de definir os proxectos que serán desenvolvidos no Laboratorio Cidadán da Coruña.

Trátase dun evento aberto a todas as persoas que teñan interese en colaborar, contribuir e participar no Co-Lab. Todas as opinións e ideas son benvidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *