Que son os bens comúns e como se xestionan? Que implica que temos dereito sobre eles? Como podemos aprender xa desde as aulas, a importancia que ten contar cun aire respirable, unha auga potable, un mar vivo ou uns barrio habitables?
Con estas Guías de Ciencia Cidadá quérese avanzar nestas cuestións, achegando a ciencia á cidadanía e pondo o foco neses elementos que son fundamentais para o noso benestar como sociedades. As guías son documentos prácticos e sinxelos especialmente dirixidos á xente moza (12-15 anos) para ser traballadas nas aulas, acompañados polos seus mestres e mestras.
O proxecto no que se enmarcan estas publicacións foi promovido e financiado en colaboración polo MediaLab-Prado (Ayuntamiento de Madrid), o Co-Lab (Concello da Coruña) e o Ministerio de Educación, Cultura E Deporte.
Podes descargar as guías premendo nas imaxes seguintes. Lembra que foron publicadas baixo licencias abertas: