Xornada aberta do Co-Lab

Queredes participar no Co-Lab e tedes unha idea para enriquecelo? Vide o vindeiro sábado 30 de setembro ás 10 horas ao Papagaio

Desde o Co-Lab propoñémosvos participar nunha xornada aberta o próximo 30 de setembro a partir das 10 horas no Centro Municipal de Empresa Accede Papagaio, para pensar actividades e accións que axuden a dinamizar, visualizar e enriquecer a comunidade e o proceso que o laboratorio camiñará nos vindeiros meses.

Este ano o Co-Lab está a desenvolver 6 proxectos de innovación social mais quere contribuír ao crecemento da súa comunidade sumando outras actividades que, seguendo a liña e principios do Laboratorio, acheguen novas ideas e actividades ao proceso xa en marcha.

Quen pode participar?

Queremos contar coa participación de todas vós no desenvolvemento de actividades que nos axuden a dinamizar, visualizar e enriquecer a comunidade que emerxeu do Obradoiro do ano pasado seguindo as normas de apertura que definen o compromiso do Co-Lab coa innovación cidadá.

Que tipo de propostas se pode desenvolver?

Todas aquelas que cumplan coas normas de apertura que definen o compromiso do Co-Lab coa innovación cidadá:

  • A antidisciplinaridade e a transversalidade dos saberes
  • O coñecemento aberto
  • O prototipado rápido
  • A xeración de comunidades de aprendizaxe
  • Os coidados

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *