Xornadas de Ciencia Cidadá para o ben común

Xornadas Ciencia Cidadá

Como cidadáns e cidadás sabemos que temos dereito a un aire respirable, a unha auga potable, a uns bosques coidados, a unhas pesquerías artesanais que xestionen de xeito sostible os recursos mariños, ao código aberto do software que usamos, a una lei transparente, a unha cidade e uns barrios habitables e a un corpo que é noso e soberano. Son algúns dos chamados bens comúns: un patrimonio herdado dos nosos devanceiros e que temos a obriga de legar tamén aos nosos fillos e fillas.

Pero… como se xestionan estes bens comúns? Que implica que temos dereito sobre eles? Como podemos exercer estes dereitos efectivamente?

O vindeiro mércores 24 de xaneiro (18h) na Domus, presentamos as Guías de Ciencia Cidadá para achegar estes conceptos á cidadanía: profundar, dialogar e aprender máis sobre estes dereitos e ser así quen de reclamalos e defendelos. Contaremos no acto coa participación de:

  • Claudia Delso, Concelleira de Participación e Innovación Democrática.
  • Antonio Lafuente, Coordinador do Laboratorio do Procomún (MediaLab-Prado) e director da iniciativa.
  • Duarte Vidal, investigador en el Centro Tecnológico del Mar (CETMAR-Galicia)

As Guías son documentos prácticos e sinxelos especialmente dirixidos á xente moza (12-15 anos) para ser traballadas nas aulas, acompañados polos seus mestres e mestras.

O proxecto de elaboración destes documentos foi promovido e financiado en colaboración polo MediaLab-Prado (Ayuntamiento de Madrid) e o Co-Lab (Concello da Coruña).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *