Oasis Monte Alto

portada_oasis

O Oasis quere mobilizar a veciñanza e os diferentes colectivos de Monte Alto para construír colectivamente, cos seus propios recursos e capacidades, un proxecto que redunda no ben común do barrio todo.

O Oasis é un proceso amplamente validado que a día de hoxe se ten implementado en máis de 250 ocasións e en máis de 20 países diferentes. Porén, está será a primeira vez que en Galiza vaise a dar un Oasis. É un convite ás e os veciños, comerciantes, hostaleiros, e outros axentes sociais chaves do barrio, a experimentar o poder do traballo colectivo e situarse como suxeitos activos da transformación da contorna, dando resposta ás necesidades presentes no propio territorio cun resultado de alto impacto no mesmo.

Desde esta visión, as promotoras do Oasis, mediante o traballo no barrio e o contacto coa veciñanza, procurará formar unha equipa dunhas 20 persoas para "xogar" a transformar Monte Alto ao longo dunha semana intensiva.

As persoas participantes activas, a través de diversos procesos de indagación e actividades abertas co resto de axentes da veciñanza, construirán un diagnóstico apreciativo da contorna, identificarán cales son as necesidades colectivas do barrio, e impulsarán unha acción colectiva de transformación urbana, cos propios recursos e talentos locais.

Xogamos?

Máis información: www.facebook.com/oasismontealto oasiscoruna@gmail.com

Novas de Oasis Monte Alto

Oasis - Qué es

Qué es el juego del Oasis

El juego del Oasis es una invitación a que los vecinos y vecinas, junto con el resto de personas relacionadas (comercios, instituciones…) lleven a cabo una acción de transformación barrial con los recursos y talentos propios. El juego Oasis ha sido diseñado por el Instituto Elos en Brasil y a día de hoy se ha implementado en más […]