Aprendendo en aberto

Juan Freire, un dos fundadores do proxecto educativo XTribe, traballa cunha rede de universidades, empresas e organizacións cívicas para transformar a aprendizaxe globalmente a través do emprendemento e da tecnoloxía. Ademais, forma parte do equipo fundador de EduCaaS, unha plataforma deseñada para procesos colectivos de aprendizaxe e creación dixital.

Para introducir o concepto de comunidades de aprendizaxe, quixo comezar referíndose ao coñecemento aberto aludindo á súa propia experiencia para ilustralo: “o entorno de maior aprendizaxe que vivín cando era biólogo foi rodeado de pescadores. Este Co-Lab lémbrame a iso, aquí aprendo coa cidadanía”. Para Freire, os laboratorios están formados por colectivos que, a través do desenvolvemento de proxectos que escollen libremente, aprenden. “Na actualidade somos víctimas do proceso de hiperespecialización, que está ben para resolver problemas técnicos, pero non críticos”.

Aprendizaxe a través do aberto

Freire quixo poñer en valor a capacidade pedagóxica do aberto: “cando abres algo, tes que contalo e, cando o contas, sigues aprendendo”. A indisciplina, o coñecemento aberto, as comunidades de aprendizaxe e o prototipado son as normas de apertura que fan que se xeren os laboratorios cidadáns. Ademais, o feito de aprender, non deixa de ser unha secuencia de laboratorios que se divide en tres fases:

  • Escoitar como forma de abordar temas, como mecanismo de escoita
  • Experimentar
  • Construír e prototipar