Convertemos os proxectos en retos

img_2990

Despois de integrar os cinco grupos de traballo, as persoas participantes comezaron coa fase de contextualización baseándose nas diferentes liñas de acción: a mobilidade, o habitar, o ser dixital, o social e o cultural.  Ao remate, puxeron en común as súas conclusión tras o benchmarking: identificación de problemas, proxectos en marcha e axentes.

Entre algúns dos conceptos e ideas que se puideron escoitar entre os participantes podemos extraer que “ao longo da tarde algúns dos proxectos que xa existían foron convertíndose en retos” ou que “a diversidade de voces e de opinións durante o proceso de aprendizaxe enriqueceu moitísimo o comezo desta experiencia “.