Enrique Saavedra e o “mundo argalleiro”

Enrique Saavedra, director da delegación inglesa de Vermis Project, adícase á ciencia e ao mundo maker traballando coa técnica de pensamento de deseño. Saavedra, que introduciu o concepto de produción na primeira xornada do Obradoiro, definiu o “maker movement” coma o “mundo argalleiro”.

Acolléndose á idea de que “é preciso crear entornos que faciliten que as cousas sucedan, que xeren un ecosistema e que fagan medrar o coñecemento”, o maker colocou as persoas como centro de todo, xa que “comunicamos, transmitimos coñecemento, valores, ferramentas, espazos e recursos”. Utilizando estes dous puntos como base, Enrique Saavedra plantexou os seguintes requisitos necesarios para poder innovar con éxito:

  • Actitude
  • Empatía
  • Confianza
  • Un entorno favorable
  • Traballo en equipo
  • Optimismo
  • Enfocar e valorar os problemas na súa xusta medida
  • Un pensamento global e integrador
  • Experimentar
  • Paixón