O coñecemento aberto como norma

Pedro Jiménez, coordinador da área de formación do ZEMOS98, foi o encargado de conversar cos participantes no Obradoiro Aberto Co-Lab sobre coñecemento aberto e fíxoo abordándoo como unha norma, como unha das regras do xogo, pero tamén como un código aberto.

Partindo da idea contextualizar, desaturar e articular o coñecemento, Jiménez prantexou este Co-Lab como unha comunidade con normas específicas situada no territorio dos comúns sen que este común sexa soamente o coñecemento. Asimesmo, propuxo un xeito claro de achegarse a el: copiando, derivando, remezclando, coidando (ao igual que xa apuntara Antonio Lafuente) e recoñecendo.

Jiménez propón para este Laboratorio utilizar lóxicas cidadás nos seus proxectos, recoñecendo e citando fontes para poder abrir camiños e fiestras a través delas. A hospitalidade volver ser eixo fundamental das conversas que xorden arredor do coñecemento aberto, convertindo esta vez o concepto nunha das regras dun xogo que podería ser: “asegurar que os coidados estean presentes neste novo modelo de coñecemento e de construcción”.