Os datos como materia prima

Nagore de los Ríos, experta en Comunicación, Goberno e Datos Abertos e políticas Open, puxo como exemplo ante as persoas participantes o nacemento de Irekia -a primeira plataforma de Goberno Aberto de fala hispana- á hora de falar sobre participación e gobernanza. “Cando naceu Irekia, a cidadanía que desenvolvía proxectos para o procomún tiña problemas de visibilidade. Foi necesario xerar unha rede, propiciala”. Do mesmo xeito, tamén quixo expoñer as fases que, dende Irekia, se seguían para o financiamento de proxectos: “o primeiro paso era venderllo á administración ou a grandes empresas con responsabilidade social corporativa. Se non funcionaba, comezabamos o proceso de crowdfunding e, de non rematalo con éxito, era necesario desbotar o proxecto pola falta de interese da sociedade nel”.

Participación e datos

Baixo a premisa de que “todos participamos en base a unha necesidade“, estableceuse unha estratexia para implicar a cidadanía utilizando os datos como “materia prima que sirve para todos os proxectos” e son capaces de mellorar o modelo de negocio a raíz das seguintes causas:

  • Os datos aumentan a eficiencia e as operacións
  • Melloran o produto e atenderemos ao servizo a través da demanda: marketing
  • Aumentan a facturación e o consumo chegando aos propios consumidores e usuarios
  • Son útiles á hora de calcular o esforzo, o prezo, o acceso, o uso…