Comeza a segunda xornada do Obradoiro Co-Lab

colab_twitter_meme_1

A xornada arrincará ás 09h30 coa posta en común da axenda do día. Ao longo da mañá, Marcos García compartirá a súa experiencia no laboratorio cidadán Medialab-Prado e Nagore de los Ríos abordará a cuestión da Participación e da Gobernanza a partir do seu labor, entre outros proxectos, na canle Irekia do Goberno Vasco, tralo que establecerán un diálogo entre as persoas participantes. Os grupos traballarán na xeración colectiva de accións concretas a desenvolver no marco de cada liña de acción, susceptibles de ser integradas nun programa do Co-Lab.

Ás 14h00 haberá un xantar colectivo.

Na sesión da tarde, Juan Freire (XtribeU) introducirá as características das Comunidades de aprendizaxe, en conversa coas persoas asistentes para, posteriormente, traballar en grupo no deseño de prototipos experimentais de programas a desenvolver no Co-Lab, trazando unha folla de ruta o máis completa e detallada posible para a súa posta en marcha.

Finalmente, ás 19h30 haberá unha posta en común e unha elaboración conxunta das conclusións do obradoiro.