Un debate intenso e frutífero que debe continuar

whatsapp-image-2016-11-25-at-20-09-15

Un cento de axentes sociais, culturais, académicos e empresariais de distintos sectores e procedentes de toda Galicia traballaron conxuntamente no exitoso Obradoiro Aberto que durante dous días deu forma ao Co-Lab, o Laboratorio Cidadán da Coruña impulsado polo Concello, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática e máis da Área de Innovación Tecnolóxica, en convenio coa Universidade da Coruña. O debate aberto que protagonizaron os axentes de tan diversas procedencias ao longo de 48h de traballo conxunto foi amplo e intenso e frutificou nunha serie de propostas e liñas de acción que agora deben ser estudadas polo equipo impulsor do proxecto e máis polos responsables políticos e técnicos do Concello -que tamén estiveron presentes nas xornadas- para valorar como poden ser articuladas a través da partida prevista para o Co-Lab nos Orzamentos de 2017.

Como sabedes, tanto a documentación xerada durante o Obradoiro como o resto do proceso de creación do Co-Lab están dispoñibles na web e máis na Forxa, o repositorio transmedia aberto e de libre uso, onde se agarda que continúe o debate.