participAGRA

portada_participagra

Imaxina que vives nun lugar onde vive moitísima xente pero case non hai prazas, non hai espazos verdes e non hai parques para os cativos. Agora imaxinemos xuntas como se podería mellorar un barrio -a Agra do Orzán- con eses problemas.

A Agra do Orzan conta cunha densidade de poboación excesiva (688.87 habitantes/ha) que produce unha presión elevada sobre o escaso espazo público. Esta situación ten un impacto negativo sobre un barrio que, de seu, presenta unha gran complexidade: paro, alta diversidade cultural, un índice de envellecemento maior ca media da cidade, baixo soleamento da rúa, baixa calidade das edificacións, etc.

Fronte a iso, proponse o debate de dotar de uso os esquecidos patios interiores das mazás. Este proceso axudaría a diminuír a densidade de poboación creando novos espazos de convivencia, aínda por delimitar e significar, que sirvan como desacougo dos cidadáns e polo tanto unha mellora da convivencia.

O proxecto, a través dunha metodoloxía eminentemente participativa, quere contar ca mirada da poboación do barrio (veciñanza, comerciantes, usuarias en xeral) para que sexan elas as que valoren as actuacións a levar a cabo. As bondades de este tipo de procesos son un empoderamento por parte dos cidadáns como axentes de toma de decisións, unha maior implicación da cidadanía na mellora dos barrios e a toma de decisións baseada en acordos adoptados por unha maioría.

Máis info: qiteria.net

Novas de participAGRA

Dinámica participAGRA Conchiñas

Acción de ParticipAGRA nas Conchiñas

23 Outubro, 2017

Esta fin de semana (20 e 21 de outubro) participAGRA, un dos proxectos do Laboratorio Cidadán da Coruña deste ano, desenvolveu diferentes accións informativas na Praza das Conchiñas no marco do mercadillo que se estaba a celebrar alí. Foron moitas as persoas interesadas que se achegaron para saber de que xeito poden colaborar para facer […]