Soidade

portada_soidade

O sentimento de soidade non desexada de moitas persoas maiores da nosa cidade afecta a todas as esferas da súa vida, e convertese nun risco de illamento social de primeira magnitude que actúa de modo invisible e é de difícil detección. Cómpre dar unha resposta colectiva a esta problemática.

A esperanza de vida das persoas en España sitúase á cabeza da Unión Europea, con setenta e nove anos para os homes e oitenta e cinco anos para as mulleres, o que a converte nun dos países cunha maior evolución de esperanza de vida ao longo do século XX, especialmente desde os anos cincuenta.

Por tanto, a poboación de persoas maiores é cada vez máis numerosa e, como sociedade, afrontamos un fenómeno novo, o de non saber como actuar ante a inversión da pirámide poboacional que se está a producir: a proporción de persoas maiores respecto das novas é cada vez máis alta.

Envellecer, como sociedade, é un éxito, pero a calidade de vida dos últimos anos de vida é motivo de preocupación e debate desde distintas disciplinas.

Ante este escenario, o proxecto quere: diagnosticar a situación actual do colectivo de xente maior; mobilizar e motivar a diferentes colectivos; co-deseñar con eles ideas e solucións; visibilizar unha realidade con grandes consecuencias no benestar social e na calidade de vida de todas as persoas; e extrapolar os datos e resultados obtidos a outras comunidades e grupos de aprendizaxe e participación social para que asuman o reto e amplíen o desenvolvemento da iniciativa a outras zonas.

Para calquera dúbida e consulta adicional podes escribirnos a soidade-colab@xeneme.com

 

Novas de Soidade

Foro da Soidade, o martes 12 de decembro, no Centro Ágora

O proxecto “Soidade”, que se desenvolveu durante outubro e novembro na cidade da Coruña co apoio do Co-Lab -o Laboratorio Cidadán da Coruña- pecha o seu proceso de reflexión co “Foro da Soidade”. Durante as últimas semanas abríronse diferentes espazos de reflexión colectiva nos que, a través de metodoloxías creativas, exploramos retos e novas ideas […]

Soidade Encontros e Foro

Convocatoria aberta para participar nos Encontros e Foro da Soidade

Imaxinamos xuntas as respostas da cidadanía e das institucións da Coruña ante o reto da soidade nas vindeiras décadas? Ao longo dos vindeiros meses de novembro e decembro o proxecto “Soidade”, que se desenvolve na cidade da Coruña co apoio do Co-Lab -o Laboratorio Cidadán da Coruña- abre diferentes espazos de reflexión colectiva nos que, […]