Foro da Soidade, o martes 12 de decembro, no Centro Ágora

O proxecto “Soidade”, que se desenvolveu durante outubro e novembro na cidade da Coruña co apoio do Co-Lab -o Laboratorio Cidadán da Coruña- pecha o seu proceso de reflexión co “Foro da Soidade”.

Durante as últimas semanas abríronse diferentes espazos de reflexión colectiva nos que, a través de metodoloxías creativas, exploramos retos e novas ideas en torno ás circunstancias das persoas maiores que pasan a maior parte do seu tempo soas.

Así, estes “Encontros da Soidade” reuniron a profesionais dos servizos sociais públicos e de entidades privadas, cidadanía sensibilizada coa problemática e persoas maiores usuarias de distintos centros socioculturais da cidade.

O “Foro da Soidade” é unha xornada pública que se celebrará o martes 12 de decembro no Centro Ágora.

De 09:30h a 14h. Cun proceso de traballo dinámico e colaborativo, abordaremos a problemática da Soidade.
Contaremos con persoas expertas convidadas tanto do ámbito da Xerontoloxía e Xeriatría, como doutros ámbitos especialmente afectados pola soidade: persoas paradas de longa duración, persoas inmigrantes, discapacidade, mulleres…

Faremos unha mostra de experiencias relacionadas cos retos identificados nos “Encontros da Soidade”.
E traballaremos na formulación de novas ideas para abordar o reto.

Xa pola tarde (16:30h a 18:30h), realizaremos unha sesión de creación e prototipado rápido de ideas seleccionadas para unha posta en común das principais conclusións do proceso de traballo desenvolvido nestes meses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *