Co urbanismo nos talóns

portada_urbanismo_talons

Permanecen na cidade lugares singulares, máis rurais que urbanos, que enfrontan os efectos da presión urbanísitica. Queremos centrar o foco nestes territorios, para atopar solucións colectivas ante a súa inminente desaparición.

Son moitos os lugares do municipio da Coruña que se atopan nunha complexa situación. Territorios que xa están a experimentar -ou que o farán axiña- os efectos da presión urbanística​, unha serie de procesos que a maioría das veces complicarán a vida da veciñanza destes lugares e rematarán seguramente co seu desprazamento​ cara outros barrios da cidade ou cara outros municipios.

Co urbanismo nos talóns procura impulsar unha comunidade de aprendizaxe e práctica arredor destes territorios da Coruña que o urbanismo vixente propón transformar​. Así, xa desde o seu comezo, o obxectivo último do proxecto é ser só unha primeira fase dun proceso comunitario a máis longo prazo, con vocación de continuidade e autonomía.

Máis info: ergosfera.org

Novas do proxecto